REVISTA THAUMAZEIN

Revista Thaumazein. Variacións ensaísticas dende a Costa da Morte.

Edita: Universidade Cromática.

Depósito Legal: C 2688-2012

ISSN:2340-3705

Contacto: revista.thaumazein@live.com

A Revista Thaumazein é unha pequena publicación semestral que recolle o pensamento que viaxa pola Costa da Morte. Teña nacido aquí ou remate nestas terras por cousas do azar, toda creación ten un oco na Thaumazein. Ensaio, fotografía, poesía, literatura, debuxo… toda variación ensaística é benvida.

.

Seccións da revista:

Ensaio
Literatura
Cine
Instantes eternos (fotografía)
Zoe’s (artes ou ensaio sobre natureza)
Ilustracións

.

*     *     *

Declaración de intencións

Na Costa da Morte reside unha gran potencialidade. Aquí nace a creatividade dos pensadores consolidados pero tamén dos mozos e mozas que, espallados polas universidades, institutos e escolas galegas, reflexionan sobre a súa realidade. Tamén sabemos daqueles que escriben as súas experiencias en forma de relatos, dos que se expresan en verso, daqueles que capturan instantes eternos coas súas cámaras fotográficas y os que plasman en lenzos e esculturas as pulsións da arte.

Somos conscientes dos que ven, en plena era dixital, a panacea creativa nos computadores e os blogues na rede. Sen embargo, pensamos que no mundo da ficción online existe un oco para a realidade máis clásica, para o soño duns editores e o seu pensamento. Para un anaco de realidade que remate nas estanterías das bibliotecas á espera de que algún nostálxico decida leer os escritos daqueles que escribiron na revista Thaumazein.

Agardamos:

  1. Ofrecer un lugar de publicación para autores consolidados pero sobre todo aos mozos e mozas que inician a súa andaina na escritura.
  2. Converterse nun referente da difusión cultural na costa.
  3. Viabilidade económica dende a coherencia e o aforro.
  4. Promover a lingua galega.
  5. Ampliar o número de colaboradores para enriquecer o proxecto.
  6. Crear unha rede de pensadores e artistas da Costa da Morte.
  7. Fortalecer a rede de voluntarios que traballan no proxecto da revista.

.

*     *     *

Sobre o “Thaumazein”

Deliberación cuarta: “Thaumazein” é un vocablo grego que designa un estado de asombro, de admiración, de sorpresa. Seguindo a Aristóteles, tal estado é considerado o principio da sabiduría, da búsqueda da mesma. E é así porque, segundo o estaxirita, o asombro ante a existencia do mundo (como diría Wittgenstein), a embriagadora sensación de admiración con respecto ó que nos rodea, dende o brotar dunha semente ata a erupción dun volcán, provoca en nós algo así como un estado de inquedanza que nos empuxa a coñecer.

Pero, como ben sabemos, non todo o mundo fica asombrado ante a existencia do kosmos, non toda a humanidade adobece por coñecer, sexa o que sexa iso. Os aristócratas gregos tíñano ben fácil: o seu ideal de vida, exenta de preocupacións de tipo laboral, baseábase na contemplación. Pero nós? De que podemos asombrarnos hoxe en día? Que é o que pode facer que xurda en nós un interese polo coñecemento neste “cochino” mundo?

Pois, a diferenza dos gregos, que se asombraban coas grandes cousas (physis, kosmos), nós ficamos prendidos das pequenas, desas nimiedades que se transforman en xigantes nas nosas cabezas. Refírome, como non, ao croma do que nos fala Mon, o noso querido compadre; a esa mistura entre o diminuto sensorial que se convirte nunha grande abstracción por mor da potencia transformadora do entendemento, por mor da potencia do pensamento (para dicilo con Agamben).

Pero tamén falamos aquí das ondas do mar, da fina area da praia, da forza dunha pequena racha de vento, da forma que posúen as escarpadas rochas de Fisterra, de Muxía, dos nosos queridos faros; da cor, da cor do mar, dunha árbore, dun raio de sol; do son, do son que emite unha guitarra, dúas, un baixo, unha batería, unha palabra…

Para nós, este pequeno grupo heteroxéneo de seres calquera, o thaumazein ou estado de asombro exerce o papel que tiña a glándula pineal cartesiana para unir a alma e o corpo, é dicir, de punto de encontro, de fusión, entre todos nós. Cando nos din pola rúa, nos bares, no botellón, etc., que somos uns “flipaos” por facer isto, non temos máis remedio que baixar a cabeza e rendirnos á evidencia, xa que, para ben (ou para mal), fican no certo.

Sergio Cernadas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s