AGORA NA CROMÁTICA…

Cartaz primeiro web e redes

.

Dende a Universidade Cromática queremos invitarvos un ano máis aos Encontros de Filosofía para Veraneantes esta vez para “Pensarmos na fenda da pandemia”*

Esta edición, descolocada como canto toca a pandemia, terá lugar no Nadal, así que non nos rodeará a praia, nin a area, nin a calor. Mediados pola virtualidade que impón o virus tampouco poderemos reunirnos cos corpos nin as voces presenciais e tampouco poderemos convocármonos na Capela do Pilar como fixemos ata o de agora. Habitando a incerteza do presente, resistímonos a desaparecer, e este ano convidámosvos a pensarmos xuntos a través de Radio Neria (107.8FM) e Radio Roncudo (106.1 FM). Durante a semana do 21 ao 27 de decembro, ás 17h levaremos ás casas como sobremesa unha nova edición de filosofía para veraneantes. Malia o frío do inverno pero co arremuiñarse do Nadal, queremos tomar a fenda aberta polo virus como evento vital sobre o que convocar unha vez máis o pensamento filosófico. O obxectivo será o de sempre: tomar a filosofía como ferramenta útil para percorrer a vida, coidando que nestes momentos mesmo podería servir tamén como medicina.

Acompañadas por un grupo de voces variadas, contaremos coas reflexións dalgunhas das convidadas en edicións anteriores, contaremos coa tribo fundadora da Universidade Cromática e tamén con novas voces; con elas preguntarémonos polos retos que abre a pandemia e por nocións filosóficas que nos poidan axudar a transitala, ou por como entender mellor os perigos nos que esta nos sitúa ou a especular sobre o porvir. Todas elas falaránnos dende puntos de vista e aproximacións diferentes, algunhas delas tomando a experiencia propia como base do analise, outras percorrendo o sistema e as súas estruturas o mesmo dende outros pensadores que tamén tentan aproximarse a complexidade aberta polo virus. Nestes tempos de distanciamento social e de dificultades para pensarmos en común, estas achegas son unha maneira de aproximarnos unhas as outras.

O formato radiofónico destes encontros abre e pecha coa música do single de Kraftwerk “Radio-activity” facendo unha chiscarela a eses tempos dos 70’s nos que, como no presente, a tecnoloxía, a creatividade e a conciencia crítica xogarían un papel fundamental para o futuro.

A cargo e coidado da actividade estarán Miguel Vazquez Freire e María Bella.

* Actividade subvencionada pola Deputación de A Coruña (Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturales) e coa colaboración do Concello de Corcubión, Radio Neria e Radio Roncudo.

deb3d30cb63e2f5262123bd4eaef07f8_f31907

.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s