Nós

A “Universidade Cromática das Virtudes” preséntase como unha comunidade aberta, plural, unha agrupación de seres calquera, sen identidade, que posúen a característica común da non pertenenza e, polo mesmo, da súa condición de sentirse na casa en calquera lugar, como un fogar espiritual e libre dogmatismos. Andamos na procura dun pensamento adecuado á nosa leve preocupación polas cousas que crea a cor do mar e o aire que se respira nas nosas cabezas. Invitamos a aquel ser máis impersoal a que se una neste conxunto de iniciativas que xiran en torno á organización de actividades culturais de diversa índole tales como a realización de ciclos de cinema, festivais, exposicións de fotografía e debuxo, a publicación da Revista Thaumazein, clubes de lectura… Permanecemos abertos ás posíbeis propostas que se orixinen ben dende dentro, ben dende fora da asociación, pero sempre no eido da comunidade.

 

logo 5

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s