CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Sin título

.

.

.

BASES DO IX CONCURSO FOTOGRÁFICO DE CORCUBIÓN 2014

.

Os concursantes poderán participar con tres obras, únicas e orixinais, que se axustarán ás seguintes normas:

  • No concurso contemplaranse dúas temáticas:

    1. Temática sobre o CASCO HISTÓRICO de Corcubión

    2. Temática libre no “Concurso cromático”

  • Modalidade: papel fotográfico (en cor, sepia ou branco e negro).

  • Tamaño mínimo: 20 x30 cm

  • As fotografías, de cara á exposición pública, deberán ser presentadas enmarcadas ou en soportes sólidos como cartón pluma ou contrachapado lixeiro.

.

Presentación:

O sistema de presentación, sistema de plica, está deseñado para garantir o anonimato do autor de cara a valoración do xurado.

As fotografías presentaranse en sobre pechado figurando no exterior unicamente o título das obras que contén.

Cada obra levará un título que deberá figurar no reverso da fotografía.

Nun sobre adxunto, no que figurarán no exterior do mesmo só os títulos das obras presentadas, deberase incluír o soporte dixital da fotografía e facer constar os seguintes datos:

  • Nome e apelidos do autor/a,
  • DNI,

  • Enderezo

  • Nº de teléfono.

  • Títulos das fotografías.

.

NOTA:

Coa finalidade de evitar dobres premios nunha soa fotografía, os autores/as que opten ao “Concurso Cromático” deberán facelo constar no reverso das obras presentadas ao mesmo. Cada autor/a poderá participar no “Concurso Cromático” con unha, dúas ou coa totalidade das obras que se poden presentar ao concurso (un total de 3)

.

Lugar e datas de entrega das fotografías

O depósito das fotografías debidamente identificadas realizarase no Concello de Corcubión ata o 10 de decembro (día incluido)

.

Premios:

Tódalas fotografías participarán na exposición que terá lugar na Capela do Pilar durante o Nadal.

Premios en metálico:

Temática casco histórico de Corcubión:

1º Premio: 150€

2º Premio: 100€

3º Premio: 50€

Concurso cromático:

100€

.

Fallo do concurso

O sistema de valoración será o seguinte:

  • Un mínimo de catro xuíces valorarán as por eles consideradas tres mellores fotografías. Esta valoración consistirá na emisión de tres puntos para a primera, dous para a segunda e un para a terceira. A suma de tódolos puntos dos catro xuíces dará como resultado os gañadores do concurso.
  • En caso de empate farase unha segunda rolda.
  • A votación por Facebook das fotografías aportará unha valoración de 3, 2 e 1 punto actuando así como un membro do xurado.
  • As fotografías do “Concurso cromático” serán valoradas únicamente polos xuíces.

O fallo do concurso resolverase e se fará público (xunto coa entrega de premios) o 19 de decembro, ás 20:00h da tarde, na Capela do Pilar de Corcubión.

As obras gañadoras quedarán a disposición do Concello, podendo ser reproducidas e difundidas con total liberdade. 

As obras que non resulten premiadas poderán ser recollidas polos autores/as no Concello de Corcubión a partires do día 7 de xaneiro de 2015.

O ditame do xurado será inapelábel. A participación dos concursantes no mesmo implica a aceptación destas bases.

Deixar un comentario