Filosofía para veraneantes V (2020) Pensarmos na fenda da pandemia

Dende a Universidade Cromática queremos invitarvos un ano máis aos Encontros de Filosofía para Veraneantes esta vez para “Pensarmos na fenda da pandemia”*

Esta edición, descolocada como canto toca a pandemia, terá lugar no Nadal, así que non nos rodeará a praia, nin a area, nin a calor. Mediados pola virtualidade que impón o virus tampouco poderemos reunirnos cos corpos nin as voces presenciais e tampouco poderemos convocármonos na Capela do Pilar como fixemos ata o de agora. Habitando a incerteza do presente, resistímonos a desaparecer, e este ano convidámosvos a pensarmos xuntos a través de Radio Neria (107.8FM) e Radio Roncudo (106.1 FM). Durante a semana do 21 ao 27 de decembro, ás 17h levaremos ás casas como sobremesa unha nova edición de filosofía para veraneantes. Malia o frío do inverno pero co arremuiñarse do Nadal, queremos tomar a fenda aberta polo virus como evento vital sobre o que convocar unha vez máis o pensamento filosófico. O obxectivo será o de sempre: tomar a filosofía como ferramenta útil para percorrer a vida, coidando que nestes momentos mesmo podería servir tamén como medicina.

Acompañadas por un grupo de voces variadas, contaremos coas reflexións dalgunhas das convidadas en edicións anteriores, contaremos coa tribo fundadora da Universidade Cromática e tamén con novas voces; con elas preguntarémonos polos retos que abre a pandemia e por nocións filosóficas que nos poidan axudar a transitala, ou por como entender mellor os perigos nos que esta nos sitúa ou a especular sobre o porvir. Todas elas falaránnos dende puntos de vista e aproximacións diferentes, algunhas delas tomando a experiencia propia como base do analise, outras percorrendo o sistema e as súas estruturas o mesmo dende outros pensadores que tamén tentan aproximarse a complexidade aberta polo virus. Nestes tempos de distanciamento social e de dificultades para pensarmos en común, estas achegas son unha maneira de aproximarnos unhas as outras.

O formato radiofónico destes encontros abre e pecha coa música do single de Kraftwerk “Radio-activity” facendo unha chiscarela a eses tempos dos 70’s nos que, como no presente, a tecnoloxía, a creatividade e a conciencia crítica xogarían un papel fundamental para o futuro.

A cargo e coidado da actividade estarán Miguel Vazquez Freire e María Bella.

* Actividade subvencionada pola Deputación de A Coruña (Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturales) e coa colaboración do Concello de Corcubión, Radio Neria e Radio Roncudo.

Información sobre os praticipantes nesta edición

-Borja Santiago é exiliado cromático en Londres. Estudante de historias e traballador do Imperio. Na súa peza colaboran: coa narración das citas Andrea Vázquez que é arquitecta e ioguini e na adaptación e tradución da canción Senén Ínsua que é fotógrafo, filósofo e músico. Amigas as tres.

-Carme Adán é Doutora en Filosofía, ensaísta e política galega. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía desde 1997 até 2005. Durante os anos 2005-2009 desempeñou o cargo de secretaria xeral da Igualdade no Goberno galego e entre 2007-2009 foi presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galicia. Durante a VIII e IX Lexislatura foi deputada no Parlamento galego polo BNG. Publicou o libro Feminismo e coñecemento (Espiral Maior) en 2003, e “Feminicidio”. Unha nova orde patrialcal en tempos de submisión (Galaxia) en 2018. Na actualidade exerce como catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo e coordina a Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.

-Eva Garea é profesora de Filosofía no IES Xelmirez de Santiago. Membro do grupo Nexos de didáctica da Filosofía y grupo Enxergo. Autora de manuais didácticos para o ensino da filosofía, a antropoloxía e a psicoloxía. Premio nacional de Historia da Cinematografía e premio de innovación didáctica da Xunta de Galicia no 2010 e 2012.

-Ricardo Rodríguez de Rávena foi profesor de filosofía no ensino secundario desde 1983 ata 2018. Membro do grupo Nexos de Didáctica da Filosofía, colaborou na produción de diversos textos, cursos e materiais didácticos destinados á innovación na ensinanza da filosofía a través da súa práctica. Ten publicados artigos e traballos sobre un amplo abano de cuestións: desde a política migratoria e a educación intercultural ata cuestións relacionadas coa educación, as neurociencias, a bioética, a física cuántica e o complexo ciencia, tecnoloxía e sociedade .

-Sergio Cernadas é mestre de filosofía en Madrid. Licenciado en Socioloxía (2012) pola Universidade da Coruña e Máster en Filosofía (2015) pola UNED, a súa traxectoria fica vencellada á docencia e á dinamización cultural, participando na organización de múltiples eventos entre os anos 2010 e 2015 na Costa da Morte e na Coruña, no marco de organizacións como a Universidade Cromática ou a Universidade Invisíbel. En 2017, publica “Narrativas filosóficas. La literatura como propuesta metodológica en filosofía”, traballo final do Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato (2017), cursado na Universidade Autónoma de Madrid. Defínese como unha persoa curiosa, habitante dos libros e comprometida co porvir. Algún día volverá a casa.

-Sara Domínguez García é Graduada en Filosofía por la USC, Máster en Psicoanálisis e Teoría de la Cultura pola UCM, cursou estudos de xestión cultural. Profesora de filosofía no IES Fernando Blanco de Cee.

-Fidel Juan Blanco Rodríguez é Licenciado en Filosofía por la USC, Máster en Filosofía Contemporánea e Estudios Clásicos por la UB, doctorando en filosofía renacentista. Profesor de filosofía no IES A Sardiñeira de A Coruña.

-Javier Turnes é profesor de filosofía e músico. Desenvolve o seu labor docente no IES Plurilingüe Rosalía de Castro, Santiago de Compostela. Durante 15 anos desenvolveu a escritura e a divulgación filosófica na Costa da Morte organizando, en colaboración coa Universidade Cromática, os “ Encontros de Filosofía dá Costa da Morte” e a revista de ensaio, Thaumazein. Publicou o libro Spinoza (Baía, 2007) sobre a vida e obra do pensador, a Introdución (xunto con I. Castro) da obra anónima Chamamento ( Axóuxere, 2011) e A Escarpadura (Axóuxere 2012). Ten artigos en prensa e en edicións especializadas case sempre ao redor de temas relacionados coa ontología da música, a ética e a obra de Spinoza. Dirixiu e organizou seminarios e cursos de posgrao na USC (Universidade de Santiago de Compostela) e na Cidade da Cultura de Galicia. Foi membro da directiva da Sociedade Galega de Filosofía onde traballou na defensa e innovación do ensino da filosofía.

-Jazmin Rincón estudó música na Escola das Artes de Utrecht (HKU), Holanda. É Doutora en Historia da Arte pola UNAM. Combina a súa actividade como intérprete coa investigación, a curaduría e a crítica musical. É profesora da Escola Vida e Movemento Ollin Yoliztli.

-Federico López Silvestre é Profesor Titular na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Especialista en Teoría e Historia da Paisaxe e en Estética e Teoría das Artes. Imparte ademáis clases en másteres de distintas universidades e contribúe a congresos tanto no Estado como fora. Co-dirixe a colección «Paisaje y teoría» da editorial Biblioteca Nueva (Madrid) e co-dirixió o «Máster de Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas» de la USC (2007-2012). É autor de libros como El paisaje virtual (2004), Os límites da paisaxe (2008), A emerxencia da paisaxe (2009), Micrologías (2012), Los pájaros y el fantasma (2013) y Culos inquietos, infinitos asientos (2018).

-Ignacio Castro Rey é Doutor en filosofía. Reside en Madrid onde exerce de ensaista, crítico e profesor. Seguiendo unha líña de sombra que vai de Nietzsche a Agamben, de Baudrillard a Sokurov, Castro escribe en distintos medios sobre filosofía, cine, política e arte contemporánea. Ademáis de múltiples artigos e conferencias, publicou diversos libros. O último deles chámase Lluvia Oblicua (Ed. Pretextos 2020) seguido de Mil días en la montaña (Roxe de Sebes) (Ed. FronteraD, 2019) e Ética y desorden (Pretextos, 2017). Anteriormente publicou tamén, entre outros, Votos de riqueza (Madrid, 2007), Roxe de Sebes (A Coruña, 2011) e La depresión informativa del sujeto (Buenos Aires, 2011).

-Pablo Jarauta é Doutor en Filosofía pola Universidade de Murcia. Ten desenvolvido a súa actividade investigadora en institucións como a Universidade de Murcia, Duke University (EEUU), École de Hautes Études en Ciencias Sociais (París), Residencia de Estudiantes (Madrid) e Universidade de Extremadura. Nos seus traballos, ten explorado campos como a historia da cartografía, o pensamento utópico e a teoría e cultura do deseño. Foi profesor na Duke University e na Universidade de Extremadura, e coordinador do Comitato Scientifico do IED. Na actualidade é profesor do IED Madrid.

-Mon Búa é Doutor en Filosofía (UNED), graduado en Filosofía (UNED), licenciado en Psicoloxía (USC), cun Máster de estudos avanzados en Filosofía (UCM) e de profesorado (USC), ademáis de músico. Actualmente reside en Vilagarcía de Arousa. A súa traxectoria investigadora vencéllase á filosofía da música, á teoría crítica e á estética-política.

-Radio Neria. A emisora municipal de Corcubión comezaba a súa actividade a final de verán de 1985 no faiado da Casa do Concello de Corcubión tomando como referenza as experiencias de emisoras pioneras en Galicia como Radio Fene ou Radio Oleiros. O seu lema era “Radio Neria 104.4 FM, a emisora máis occidental de Europa” e foise transformando nun nexo de unión entre a veciñanza cunha emsión continua e variada en galego: partidos de fútbol, narracións, música, entrevistas e programas feitos na escola. Mención aparte merece o traballo realizado o 5 de decembro de 1987 cando esta radio convirtiuse na única fonte de inforación sobre o embarrancamento do Casón con datos de primeira man. En 1988 fúndase EMUGA (Rede de Emisoras Municipais Galegas) participada polas radios de Fene, Oleiros, Ribadavia, Negreira e Corcubión. Organízanse en Corcubión cursos de radio e se planifica a rehabilitación do edificio do Antigo Frente de Xuventudes como nova sé, lugar onde permanece ata hoxe. Dende o seu inicio Radio Neria atravesou etapas de maior actividad e as veces de invernación. Manterla viva dependiou e segue dependendo da vontade, creatividade e esforzo dos grupos que foron activándoa nas distintas etapas. Así mesmo esta radio sirviu de canteira a un bo elenco de comunicadores que hoxe están esprallados noutras radios e medios de Galicia e alén de ela.

Radio Roncudo comeza a emitir o 13 de agosto de 2004 en Corme-Porto como proxecto de radio libre coa titularidade na Asociación de Veciños “Eduardo Pondal” de Corme. A súa cobertura exténdese fundamentalmente pola Ría de Corme e Laxe: os pobos de Corme, Laxe, Arou, Camelle e o Concello de Cabana. Este proxecto de radio libre fíxose posible á financiación da Asociación Galiza-Prestige en Berna (Suiza) que recaudou fondos para a súa posta en marcha como proxecto radifónico para Costa da Morte. Dende o 2004 emite tamén a través de internet dende o blog radioroncudo.wordpress.com. Manténse coa colaboración veciñal e o traballo altruísta dos colaboradores que fan programas, dan apoio técnico, etc. Dende o ano 2010 emite programación conxuntamente co Radio Neria irmandándose e buscando cohesión para a Costa da Morte. Na actualidade a proposta segue sendo a dunha radio libre sen publicidade, mantida con fondos sociais e da veciñanza; sen ningún tipo de intervencionismo na súa programación. A radio está aberta a aqueles que amen este medio e queiran dar voz a proxectos sociais e culturais.

Conversas xa dispoñibles:

* Actividade subvencionada pola Deputación de A Coruña (Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturales) e coa colaboración do Concello de Corcubión, Radio Neria e Radio Roncudo.

deb3d30cb63e2f5262123bd4eaef07f8_f31907

Rendición de contas:

GASTOS
Diseño/ImagenRelatores x 10CoordinaciónEdición
400,00Base100,00Base430,00Base400,00Base
-60,00-Irpf 15%-15,00-Irpf 15%-64,50-Irpf 15%-60,00-Irpf 15%
84,00+IVA 21%0,00Iva 0%90,30+IVA 21%84,00+IVA 21%
424,00TOTAL85,00TOTAL455,80TOTAL424,00TOTAL
484,00100520,30484,00
484,00Gasto ASOC.1000Gasto ASOC.520,30Gasto ASOC.484,00Gasto ASOC.
INGRESO
AYTODIPUTA
510,00Base1988,00
0,00Irpf 0%
0,00Iva 0%
510,00TOTAL1988,00TOTAL