«UCV»

A “Universidade Cromática das Virtudes” preséntase como unha comunidade aberta, plural, unha agrupación de seres calquera, sen identidade, que posúen a característica común da non pertenenza e, polo mesmo, da súa condición de sentirse na casa en calquera lugar, como un fogar espiritual e libre de contaminación ideolóxica. Andamos na procura dun pensamento adecuado á nosa leve preocupación polas cousas que crea a cor do mar e o aire que se respira nas nosas cabezas. Invitamos a aquel ser máis impersoal a que se una neste conxunto de iniciativas que xiran en torno á organización de actividades culturais de diversa índole, tales como a realización de ciclos de cinema, festivais, exposicións de foto e debuxo, ou publicacións gráficas, revistas… permanecendo abertos ás posíbeis propostas que se orixinen ben dende dentro, ben dende fora da asociación, pero sempre no eido da comunidade.

Universidade Cromática das Virtudes

by-nc-sa